CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén catro persoas por transportaren garrafas de gasolina nunha lancha no estreito de Xibraltar

Publicado o 14/07/2021 08:25

A Garda Civil, tras unha perigosa persecución por mar, prendeu catro persoas en Alxeciras. Navegaban en augas do estreito de Xibraltar nunha embarcación con 30 garrafas de gasolina, das utilizadas habitualmente para o abastecemento das narcolanchas. Os detidos teñen domicilio na Línea de la Concepción e van ser procesados por un delito de contrabando. Teñen antecedentes por delitos similares, e un deles estaba en busca e captura porque non regresou a prisión tras un permiso.

Noticias web

14/07/2021