CRTVG

Buscar

A Garda Civil desmantela unha rede que introducía importantes cantidades de haxix en Andalucía

Publicado o 07/11/2020 11:40

Axentes da Garda Civíl incautáronse de case 1.500 quilos de haxix, ademais de armas curtas e longas, entre elas unha de guerra, e detiveron 18 persoas dunha organización que introducía importantes partidas desta droga polas costas de Huelva e o Guadalquivir.

O grupo operativo ía fortemente armado e contaba cos últimos medios tecnolóxicos para esquivar as forzas de seguridade. O dispositivo de vixilancia dos axentes detectou que o grupo procedía de fóra de Andalucía, a onde se desprazaba para realizar o alixo e regresar aos seus lugares de residencia. Contaban ademais con dúas redes diferenciadas, unha de loxística e financiamento e outra operativa.

A Garda Civil na operación Blandiente identificou os tres xefes da organización criminal.

Nun dos fardos aprehendidos localizouse un xeolocalizador. Os investigadores detectaron que a banda realizaba as xestións en Marrocos, onde introducían o dispositivo de localización. Os encargados da distribución da droga desprazábanse desde Francia e Alacant ata o lugar do alixo, as costas de Huelva e o río Guadalquivir. Contaban con vehículos de alta gama, dos que se requisron 35, tres deles roubados en París. Houbo tamén 16 rexistros en Málaga, Cádiz, Almería e Alacant.




 

Noticias web

07/11/2020