A Garda Civil desmantela un narcoembarcadoiro no Campo de Xibraltar
Publicado o 25/10/2020 19:04
A Garda Civil, no marco da operación Jarto, desarticulou unha organización delituosa que se encargaba da preparación e montaxe, así como do almacenamento e a botadura de embarcacións de alta velocidade nun narco-embarcadoiro situado na comarca malagueña da Axarquía.
En total detiveron 15 persoas e outras 19 están sendo investigadas. Tamén se incautaron de oito embarcacións valoradas en máis dun millón e medio de euros, de máis de dez mil litros de gasolina e de 600.000 euros en metálico. As embarcacións utilizábanse para transportar grandes cantidades de haxix, que posteriormente son alixadas nas costas españolas.