CRTVG

Buscar

Novo golpe ao narcotráfico: desmantelan en Alxeciras un grupo dedicado ao tráfico de cocaína

Publicado o 29/05/2021 11:17

Axentes da Garda Civil detiveron catorce persoas e requisaron uns dous millóns de euros a unha rede criminal dedicada ao tráfico de cocaína polo porto de Alxeciras. A organización estaba asentada en Málaga. A operación Stratum, que supón un golpe duro ao narcotráfico, xa permitiu deter en 2019 o coñecido como o Señor do Porto, a persoa á que recorrían distintos grupos para extraer a droga desde as instalacións portuarias.

Efectuáronse vinte rexistros en inmobles coa incautación ademais dunha trintena de vehículos de gama alta, un remolque de camión, dispositivos de encriptados, dúas plantacións de marihuana, reloxos de luxo e documentación.

O método que utilizaban era o intercambio de palés con produtos legais, procedentes empresas de frío do recinto e coa conivencia dos seus traballadores. A organización centraba as súas canles de distribución en Marbella cun empresario español relacionado desde hai anos co narcotráfico, que distribuía a droga por toda Andalucía e por Madrid.

A Garda Civil contou coa colaboración da policía antinarcóticos de Colombia, o que permitiu localizar colectores sospeitosos de transportar cocaína no interior.

Noticias web

29/05/2021