A Garda Civil desartella unha rede delituosa que introducía haxix pola costa de Almería
Publicado o 03/10/2020 11:09
Efectivos da Garda Civil detiveron cinco persoas e incautáronse de máis de catro toneladas de haxix ao desmantelar unha organización que introducía esta substancia desde Marrocos a Europa polas costas almerienses. A operación Tejido iniciouse en febreiro e xa en abril advertiron da entrada de embarcacións que portaban droga, situación que se volveu repetir no mes de xullo. As investigacións continuaron con rexistros en varias localidades, onde se localizaron os integrantes da rede ademais de diferentes bens, vehículos de transporte e diñeiro en efectivo.