CRTVG

Buscar

A Garda Civil denuncia un grupo de estafadores que operaban no camiño de Santiago

Publicado o 13/08/2021 21:17
A Garda Civil denuncia un grupo de estafadores que operaban no camiño de Santiago

A Garda Civil denunciou a un grupo de estafadores que operaban no camiño francés de Santiago. Facíanse pasar por voluntarios dunha ONG e pedíanlles donativos aos peregrinos. Varios camiñantes alertaron ás forzas de seguridade da súa presenza en Sarria.

A Garda Civil, en colaboración con axentes da GNR portuguesa e da xendarmería francesa que vixían o camiño localizaron e identificaron aos presuntos estafadores, tres homes con numerosos antecedentes policiais polo mesmo delito.

Noticias web

13/08/2021