CRTVG

Buscar

A Garda Civil de Tráfico recomenda circular con precaución

Publicado o 16/11/2019 11:18
A Garda Civil de Tráfico recomenda circular con precaución

A climatoloxía adversa destes días está provocando algún que outro despiste na circulación dos vehículos por estrada, polo que a Dirección Xeral de Tráfico mantén a súa recomendación de circular sempre tendo en conta as condicións meteorolóxicas .

Un exemplo deses despistes que poden ocasionar danos irremediables foi o que aconteceu a primeira hora deste sábado na A-52, no termo municipal de Cualedro, en Ourense, cando un furgón frigorífico  saíu da vía pola marxe esquerda nun treito recto no que o firme está en boas condicións.

Por fortuna non houbo que lamentar feridos e a cousa non pasou dun susto para o condutor, de 49 anos, que tamén resultou ileso. A Garda Civil e os servizos de conservación da vía pecharon o carril pero a circulación non se viu afectada porque é un treito de tres carrís.