CRTVG

Buscar

A Garda Civil continúa buscando os implicados no tiroteo de Prado, en Catrelo de Miño

Publicado o 14/08/2019 12:18

As forzas de seguridade seguen á procura dos implicados no tiroteo acontecido no lugar de Prado, en Castrelo de Miño.
Tanto os asaltantes como os inquilinos da vivenda asaltada fuxiron despois do suceso. Todo apunta, segundo a liña de investigación da Policía Xudicial, a que o acontecido obedece a un axuste de contas e non a un roubo. Estudan ademais os cascos atopados no lugar para saber se durante o tiroteo se utilizou munición real ou de fogueo. A Garda Civil busca tres vehículos implicados no suceso.








 

Noticias web

14/08/2019