CRTVG

Buscar

A Garda Civil condecora un axente que rescatou un bebé dun episodio de morte súbita

Publicado o 22/10/2021 13:13

O 5 de novembro de 2019 un axente destinado en Vigo realizaba tarefas de apoio no cuartel de Cangas. Ese día, que nunca esquecerá, presentouse na oficina a muller dun compañeiro co seu meniño acabado de nacer.

En canto o pequeno colleu aire e empezou a chorar, Ricardo e outro compañeiro escoltaron a ambulancia cara ao Hospital Álvaro Cunqueiro. En urxencias confirmáronlles que salvara o bebé dun episodio de morte súbita.

O neno está a piques de facer dous anos e as dúas familias seguen en contacto. Este xesto valeulle ao axente unha condecoración da Garda Civil e unha grande satisfacción persoal.


 

Noticias web

22/10/2021