CRTVG

Buscar

A Garda Civil comisa 8.000 quilos de xarda na Mariña lucense

Publicado o 02/04/2021 11:29
A Garda Civil comisa 8.000 quilos de xarda na Mariña lucense

A Garda Civil comisou 8.000 quilos de xarda na Mariña lucense. Identificaron na autovía A8 ao condutor dun camión e tras inspeccionar a carga, observaron que tanto os palets como os envases carecen de etiqueta, non podendo relacionarse a carga coa documentación presentada.

Realizouse unha pesada da carga dando un total de 21.000 quilos de xarda e a documentación amparaba 16.000.

Continuando a investigación descárgase outro camión enteiro ata que ao fondo atoparon 3.500 quilos sen etiquetar e que procederon a comisar. Os dous proceden do mesmo armador confirmado que cambiou de porto supostamente para despistar e declarou que lle roubaran as etiquetas.

A Garda Civil fixo entrega da xarda comisada a varios centros benéficos, entre eles a residencia Betania de Viveiro.