CRTVG

Buscar

A Garda Civil comisa 300 pezas falsificadas en Teo destinadas á venda en mercados

Publicado o 09/06/2021 13:54
A Garda Civil comisa 300 pezas falsificadas en Teo destinadas á venda en mercados

A Garda Civil incautouse de 300 pezas de roupa falsificadas de recoñecidas marcas nun control rutineiro no concello de Teo. Os axentes detiveron a furgoneta, inspeccionaron a mercadoría e os propietarios non foron quen de entregar documentación que garantise a rastrexabilidade da roupa. Confesaron que ían destinadas á venda nos mercados da zona. A roupa quedou incautada e os propietarios están investigados como presuntos autores dun delito contra a propiedade industrial.

Noticias web

09/06/2021