A Garda Civil auxiliou unha embarcación na desembocadura do río Mandeo
Publicado o 09/06/2021 13:49

Na desembocadura do río Mandeo, a Garda Civil auxiliou unha embarcación de recreo que quedara encallada na area. A embarcación quedou á valga ao parecer por un fallo no motor. Nela ían dúas persoas que non sufriron contratempo ningún.