CRTVG

Buscar

A Garda Civil aprehende unha tonelada de cocaína nunha ruta marítima africana

Publicado o 12/09/2020 10:47

A Garda Civil interceptou en augas internacionais, a unhas 88 millas ao oeste da illa da Palma, un veleiro cargado cunha tonelada de cocaína e procedeu á detención dos tres tripulantes de nacionalidade croata, todos eles con antecedentes vinculados ao tráfico de drogas e de armas.

A investigación iniciouse no mes de febreiro e centrouse nunha "novidosa ruta africana" cada vez máis consolidada en España con membros de bandas criminais de Europa do leste. Os axentes localizaron dentro do "Majic" 980 paquetes de cocaína.
 

Noticias web

12/09/2020