CRTVG

Buscar

A Garda Civil apoia as súas charlas divulgativas cun vídeo sobre acoso escolar

Publicado o 26/10/2021 14:33

Coa mensaxe de fondo de poderías ser ti, o vídeo, baseado en feitos reais, busca educar en valores e amosar tamén as consecuencias en que pode desencadear unha situación de acoso.

Os protagonistas do vídeo, alumnos do CPI o Toural de Vilaboa, aseguran que foi moi difícil poñerse no papel de maltratador e vítima.

Os datos son preocupantes. O 44 % por cento dos estudantes de entre 7 e 14 anos afirma que foi vítima de acoso escolar. De aí que máis de 300 centros escolares solicitaran xa participar nesta charlas coas que axentes especializados buscan educar e previr estas condutas.

Actitudes de acoso escolar e bullying que provocan a nivel mundial 200.000 suicidios ao ano entre mozos de 14 a 28 anos.

Noticias web

26/10/2021