A Garda Civil alerta do aumento do calote do WhatsApp
David, un veciño de Ribadumia, foi unha das moitas vítimas deste novo e estendido calote a través do WhatsApp. Recibiu unha mensaxe dun contacto seu que lle pedía reenviar un código numérico. Cando o fixo, os ciberdelincuentes secuestráronlle a conta. El recuperouna, outros non o conseguen, pero o máis perigoso é que quedan con toda a información almacenada na aplicación.
Ademais do calote do WhatsApp, hai outros moi estendidos, como o da sms cun enlace para facer o seguimento dun envío que estamos esperando. Para os ciberdelincuentes non hai cancelas nin mecanismos de seguridade infranqueables, así que a recomendación dos expertos é non facilitar nunca datos persoais nin contrasinais.
En caso de sermos vítimas dun destes calotes, o aconsellable é denunciar para que os investigadores poidan abrir novas vías para as súas pescudas.