CRTVG

Buscar

Comisan máis de 9.000 petardos nunha festa no Porriño

Publicado o 21/05/2019 18:11

É parte do material do que a Garda Civil se incautou nunha festa da parroquia de Sanguiñeda, en Mos. Os axentes requisaron máis de nove mil petardos. Artefectos pirotécnicos que non poden comercializarse na venda ambulante. Os responsables de explosivos advirten dos riscos de facelo.

E é que a venda de artefactos pirotécnicos só pode realizarse en establecementos autorizados que cumpren coa normativa e pasan as inspeccións periódicas da Garda Civil, que ten a competencia nesta materia.

Ademais das inspeccións periódicas, a Garda Civil reforza os seus controis en datas en que prolifera a comercialización de artefactos prirotécnicos.

No comiso de Mos, un veciño do Porriño foi denunciado pola venda ambulante de petardos. Enfróntase a unha sanción administrativa que pode ir dende os 300 aos 30.000 euros.

Noticias web

21/05/2019