CRTVG

Buscar

A Garda Civil advirte da presenza dun tiburón de 8 metros na costa granadina

Publicado o 16/05/2020 19:37

A Garda Civil avistou na mañá do sábado a só 400 metros da praia da Mamola, en Polopos, Granada, un tiburón peregrino de máis de 8 metros de lonxitude.

Non hai constancia de que este tipo de tiburón ataque o home pero recomendou que ninguén se achegue ao animal. Este é o segundo avistamento dun exemplar desta especie nos últimos días na zona.
 

Noticias web

16/05/2020