A Garda Civil aborta o intento de fuga de dous internos da prisión de Monterroso
Axentes da Garda Civil abortaron a pasada madrugada o intento de fuga de dous internos da prisión de Monterroso ao seren detectados polos sistemas de seguridade do centro penal cando tentaban fuxir.
Colléronos cando tentaban superar o muro do centro. Estas dúas persoas estaban en segundo grao e non se consideran presos perigosos.
Nos anos que leva funcionando Monterroso non tivo lugar ningunha fuga con éxito.
O director do centro penal, Antonio Rivera, precisou a Efe que un dos internos quedou ferido cando tentaba fuxir, en concreto, sufriu unha fractura, polo que permanece ingresado no hospital.
O outro recluso atópase en situación de illamento á espera de que, previsiblemente, se confirme o seu traslado a outra prisión.
"Saltaron as alarmas perimetrais do sistema de seguridade e púxose en marcha o protocolo", precisou, de modo que os reclusos foron interceptados polos axentes da Garda Civil que se ocupan da vixilancia do perímetro do centro penal.