CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén tres persoas en Monforte e desartella unha plantación de marihuana

Publicado o 26/06/2021 21:19

A Garda Civil de Ourense en colaboración co Grupo Rural de Seguridade de Pontevedra desartellou en Monforte de Lemos unha plantación de marihuana e detivo tres veciños da vila como presuntos autores dos delitos de asasinato en grao de tentativa, tenza ilícita de armas e tráfico de drogas. Na operación chamada Pensa, desde o 11 de xaneiro un veciño de Ourense recibira un disparo despois dunha rifa con outras tres persoas que se deron á fuga. Agora concluíu coa súa detención e nos rexistros domiciliarios atoparon 159 plantas de marihuna, unha escopeta, 1.200 cartuchos de arma curta e longa de diferentes calibres. E tamén atoparon nun dos domicilios en Monforte un zulo presuntamente preparado para gardar droga. Os detidos pasaron a disposición xudicial e o xuíz ordenou o seu ingreso no cárcere.

Noticias web

26/06/2021