CRTVG

Buscar

A Galicia non chegará a primavera adiantada

Publicado o 10/03/2020 14:56

Quedan 10 días para que chegue a primavera e todo apunta a que quere adiantarse. Esta semana haberá un aumento notable das temperaturas grazas aos ventos cálidos procedentes do Atlántico e de norte de África, que se van notar sobre todo no sur da Península. En Galicia non se percibirá tanto.

"Aquí, en Galicia, temos algunha peculiaridade e é que o vento segue soprando de compoñente oeste e isto achega humidade e fai que teñamos nubes baixas que afectan sobre todo á provincia da Coruña e Pontevedra. Así que esas áreas non notarán tanto esta subida de temperatura. No resto si, si poderiamos tocar os 20, 21, quizais 22 ou 23 na xornada de mañá mércores, pero aí rematará este episodio", conta Juan Taboada, de Meteogalicia.

Ata o domingo seguiremos co anticiclón. Predominará o ceo despexado, pero o vento vai cambiar a compoñente norte, polo que o aire cálido se vai desprazar cara ao sur da Península. Así que esta primavera adiantada, aquí en Galicia, vai quedar case nun espellismo.

Noticias web

10/03/2020