A Galicia monumental tínguese de azul co gallo do dia Mundial da Síndrome de Down
Publicado o 18/03/2021 21:40
Desde esta noite e ata o domingo, emblemáticos monumentos de toda Galicia iluminaránse de azul para conmemorar o dia Mundial da Síndrome de Down. Hai escasamente unha hora procedeuse ao acendido da Torre do Reloxo, na Catedral de Santiago. Neste acto simbólico, o vicepresidente da Xunta e a conselleira de Política Social, acompañaron aos membros da Asociación Down Galicia. Simultáneamente iluminábanse a Torre de Hércules, as Catedrais de Ourense e Lugo e o convento de San Francisco, en Pontevedra. En 2011 a ONU designou o 21 de marzo dia Mundial do Síndrome de Down .