CRTVG

Buscar

A gala dos Premios Goya sen candidatos nin invitados a causa da pandemia

Publicado o 06/03/2021 21:33

A organización dos Premios Goya ten este ano o reto de sacar adiante a gala máis complexa e diferente de todas debido á pandemia. Será un espectáculo inédito, sen a gran alfombra vermella á que estamos acostumados, sen festas posteriores, sen abrazos, e sen público, apenas unha trintena de artistas van estar presentes no Teatro del Soho de Málaga.

O resto seguirá a gala e a entrega de premios desde o sofá das súas casas ou desde o cuarto dun hotel.
Mario Casas, Milena Smit e Fernando Valdivieso, todos candidatos pola película No matarás, inauguraban esta tarde a alfombra vermella virtual, desde lugares separados pero conectados telematicamente.

A película que recibiu máis candidaturas é Adú, de Salvador Calvo, con 13; seguida de AKelarre, de Pablo Agüero, con 9; Las niñas, de Pilar Palomero, con outras 9, e La boda de Rosa, de Icíar Bollaín, con 8. A aspirante favorita a recibir o Goya á Mellor Película é Las niñas.
Ángela Molina, que recibirá o Goya de Honor, será a única que o recolla presencialmente... o resto será de maneira virtual...

A gala, presentada e dirixida por Antonio Banderas, xunto a María Casado... será, din, "curta, sobria e elegante".

Noticias web

06/03/2021