A fusión de CaixaBank e Bankia non debe acarrexar un prexuízo ao cliente
A fusión de CaixaBank e Bankia restrinxirá unha vez máis a competencia no sector financeiro español, tamén no mercado galego, que acumula nos últimos anos varias perdas de entidades. Con todo, a creación do primeiro banco de España non suporá, necesariamente, perda de oficinas no rural. Isto é así posto que Bankia suma 17 sucursais na comunidade galega, todas elas situadas no sete grandes cidades:
Está por ver a implicación deste movemento no que ten que ver coas condicións dos servizos para o conxunto dos clientes.
ADICAE Galicia atende estes días consultas de clientes de Caixabank e Bankia inquedos polas futuras consecuencias do proceso de fusión. Aconsella prestar atención a posibles cambios nos servizos contratados que, en todo caso, considera que deberían manterse.
Como organización máis representativa dos usuarios de ambas entidades, Adicae xa anunciou que esixirá que nos acordos da fusión figure a protección dos clientes.
En termos xerais Adicae considera que a fusión de Bankia e Caixabank é un paso positivo para a economía.