CRTVG

Buscar

A Fundación Traslatio e o Xacobeo asinan un convenio para colaborar na Ruta Iacobus Maris 2022

Publicado o 14/05/2021 14:35

Os grandes veleiros volverán protagonizar as paisaxes portuarias na ruta que recrea o itinerario da barca de pedra que trasladou desde Jaffa, na Palestina histórica, ata Galicia os restos do Apóstolo Santiago. Por seguridade, só unhas poucas embarcacións farán o camiño completo. As demais incorporaránse en Xénova.

Para facela posible, a Fundación Traslatio e a Xunta de Galicia asinaron un convenio de colaboración. A data prevista de saída dos grandes veleiros é o 23 de xuño de 2022. Quedan moitos meses para sumar destinos e participantes, pero xa están confirmadas grandes embarcacións a vela e paradas en Valencia, Sevilla, Porto e Vigo.

Noticias web

14/05/2021