A Fundación Naturgy propón na Coruña viaxar polos desafíos ambientais
Publicado o 11/12/2020 21:05
Coa conta atrás comeza esta viaxe divulgativa dirixida aos máis novos que ten como misión adentrarse no desafío do planeta Terra cara a transición enerxética.
Durante o voo expóñense problemas ambientais como as emisións locais que provocan o quencemento global ou os residuos.
Solucións que pasan pola innovacion, o avance de novos modelos enerxéticos e unha maior concienciación da sociedade.
Esta iniciativa promovida pola Fundación Naturgy estará este sábado na Coruña e a semana que vén viaxará ata Ourense.