CRTVG

Buscar

A Fundación Jove crea o primeiro museo enteiramente virtual de España

Publicado o 24/03/2021 21:51

O Museo Virtual María José Jove programa exposicións temporais como calquera outro e ofrece a colección permanente da fundación. A novidade é que as obras só se poden ver a través do ordenador.

"A diferenza con outro espazo de arte é que o soporte vai ser sempre dixital ou virtual. A creacion de obras tamén ten que ser nestes formatos. Reúne unha serie de características moi importantes para nosoutros. A flexibilidade, accesiblidade. Que sexa un espazo nómade ao que se pode acceder desde calquera lado", explica Susana González, directora do Proxecto do Museo Virtual da Fundación María José Jove, MUV.

O deseño arquitectónico da sede virtual está situado nun lugar imaxinario do territorio galego, e os proxectos que amosa teñen tamén relación coa comunidade, aínda que sexan de artistas internacionais. "Está en contaco co mar, no litoral, linda co bosque, con campos de cultivo. Unha esencia que nos parecía moi importante. E criamos que era o máis oportuno conceptualmente traballar tamén temas sempre vencellados ao territorio", engade.

As mostras poden verse en formato dixital accedendo simplemente á páxina do museo ou virtual coas lentes especiais e desde calquera ordenador.

Noticias web

24/03/2021