CRTVG

Buscar

A Fundación Galega contra o Narcotráfico, preocupada pola reincidencia dos traficantes e a violencia asociada á heroína

Publicado o 29/04/2021 13:47

O presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico considera moi preocupante que entre os arrestados na última operación policial haxa reincidentes, fichados e condenados.

Fernando Alonso, xerente da Fundación Galega contra o Narcotráfico: "Estamos aburridos de escoitar que se deteñen unha e outra vez os mesmos traficantes facendo o mesmo. Esas cuestións axudan moi pouco na loita antidroga. É o caso do suposto líder desta operación, o avogado vigués, que xa estaba condenado por outro alixo anterior de heroína". 

Sinala como especialmente grave o problema da heroína, polo dano que ocasiona aos adictos e pola violencia das mafias que trafican con ela. 

Fernando Alonso, xerente da Fundación Galega contra o Narcotráfico: "O tremendo poder destrutor desa droga, da saúde das persoas e do ámbito familiar. E tamén porque as redes que a trafican son mafias de Europa do leste que teñen uns comportamentos extremadamente violentos".

Desde a Fundación Galega contra o Narcotráfico consideran positivo o cambio legal que permitiu a venda de bens comisados aos traficantes e que revirten na loita contra a droga.