CRTVG

Buscar

A Fundación Camilo José Cela alcanza o seu 30 aniversario

Publicado o 11/06/2021 21:35

Tal día coma hoxe fai trinta anos nacía a Fundación Camilo José Cela para preservar e divulgar a obra do escritor. Con motivo deste aniversario o presidente da Xunta visitou esta tarde a súa sede, en Padrón, que garda todos os manuscritos, cartas e cadros do Nobel, que sempre quixo que o seu patrimonio quedara en Galicia.

Alberto Núñez Feijóo destacou o compromiso da Xunta coa Fundación, pública dende o 2012, e anunciou numerosas actividades sobre a figura do escritor para o ano que vén, coincidindo co vinte aniversario da morte de Cela.

 

Noticias web

11/06/2021