A Fundación Amancio Ortega entrégalle a Amencer-ASPACE un novo centro de atención integral en Vigo
Publicado o 23/04/2021 15:07

A Fundación Amancio Ortega entregou o novo centro de atención integral da Asociación Amencer-ASPACE. As novas instalacións, situadas na parroquia viguesa de Bembrive, están equipadas con tecnoloxía punta para atender as persoas con parálise cerebral e trastornos neuromotores.
Os vicepresidentes da Fundación, Flora Pérez e José Arnau, percorreron o edificio xunto co alcalde de Vigo e a conselleira de Política Social. O centro tamén alberga un centro de educación especial con 60 prazas. En total van traballar nas novas instalacións de Amencer ata 80 especialistas.