CRTVG

Buscar

A frota española poderá capturar 13.545 toneladas de sardiña ibérica en 2021, máis do dobre que en 2020

Publicado o 06/08/2021 12:50
A frota española poderá capturar 13.545 toneladas de sardiña ibérica en 2021, máis do dobre que en 2020

A frota española verá ampliada a cota de pesca de sardiña ibérica en augas do Atlántico en 13.545 toneladas en 2021. Así o publicou o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación este venres no Boletín Oficial do Estado.

Deste xeito, a nova cota supón unha subida de 7.145 toneladas respecto ás capturas permitidas en 2020, é dicir, máis do dobre das capturas do ano pasado.

Deste incremento benefícianse todas as frotas españolas que explotan a especie, tanto o cerco, racú e piobardeira do Cantábrico e noroeste como os buques que pescan coa arte de xeito e o cerco do golfo de Cádiz. 

Noticias web

06/08/2021