CRTVG

Buscar

A fronteira do Tarajal estabilízase pero quedan menores fuxidos que buscan acceder á Península

Publicado o 23/05/2021 14:12

En Ceuta, as forzas de seguridade continúan vixiando o porto tras varios intentos por parte dos inmigrantes para entrar na estación marítima e poder subir a bordo dun ferry. A pesar destes episodios, a fronteira do Tarajal está xa case estabilizada e despois de sete días de crise migratoria xa se produciron 7.000 devolucións de persoas, supostamente, maiores de idade.

O gran problema seguen a ser os menores. Desde o luns, en Ceuta, hai tres centros de acollida para eles, coma este polideportivo municipal Santa Amelia. Uns 800 de entre 2.000 xa foron identificados mentres se agarda o traslado á península de 200 e xa se recibiron unhas 5.000 chamadas de pais intentando localizar os seus fillos e reclamándoos. Nas rúas, nos parques, no porto segue habendo adolescentes fuxidos e menores sen identificar.

Porque o venres morreu un rapaz e outros dous no mar nesta semana, afogados cando eludían a fronteira do Tarajal. No porto as máquinas traballan na creación dun novo módulo que acolla menores.

Noticias web

23/05/2021