A FP terá 16 másters de especialización en Galicia a partir do próximo curso
A Consellería de Educación última coas asociacións empresariais de Galicia o que serán os próximos másters, ou cursos de especialización da Formación Profesional, dándolle continuidade e ampliando o programa piloto que comezou este curso.
Se este curso fixeron unha experiencia piloto de cinco másters ou cursos de especialización para titulados de FP, para o vindeiro curso xa serán dezaseis cun tope de 700 horas totais e moi centrados na parte práctica.
Para afinalos, tanto a nivel de de liñas estratexicas e temáticas, coma sobre o formato destes cursos, a Consellería de Educación traballa de préto coas empresas de Galicia. O obxectivo é adiantarse ás demandas do mercado laboral e á realidade das empresas, para mellorar a empregabilidade dos alumnos, e tamén a competitividade das empresas e a súa chegada a mercados avanzados. Así, o ano que vén encontraremos másters de FP en materias coma big data, ciberseguridade, intelixencia artificial e industria 4.0.
"Un proxecto educativo pioneiro en Galicia que vai reforzar tanto o prestixo da FP como a capacidade que os alumnos desta rama educativa poden aportar as empresas nas que se formen", di Román Rodríguez, conselleiro de Educación.