CRTVG

Buscar

A forza do incendio na parroquia de Montes, obriga a solicitar a intervención da UME

Publicado o 13/09/2020 18:42

A media tarde do domingo solicitábase a declaración da situación dúas, con carácter preventivo, no incendio activo do concello ourensán de Cualedro, na parroquia de Montes, pola proximidade ao núcleo de Carzoá. 

Trátase dunha situación de alerta que, ante a previsible evolución dun incendio, podería afectar á poboación e que facilita que se incorporen medios extraordinarios como son os efectivos da Unidade Militar de Emerxencia.