A Fonsagrada e Negueira de Muñiz son das poboacións que non teñen casos de coronavirus
Como era de esperar, na Fonsagrada non hai xente na rúa. A imaxe desta xornada non é moi distinta da habitual, porque esta localidade do oriente lucense é o concello máis extenso de Galicia, pero tamén o que ten menos poboación. Iso si, a maior parte envellecida.
Con todo, é dos poucos concellos que non rexistra ningún caso positivo de coronavirus. Tamén o municipio veciño de Negueira de Muñiz escapa do mapa da pandemia.
A dispersión poboacional que caracteriza A Fonsagrada é un punto a favor para que de momento non haxa ningún caso de coronavirus. Ademais, ao tratarse dunha localidade pequena moitos servizos préstanse a domicilio.
Cambia o sistema de traballo e de convivencia, pero aquí na Fonsagrada o illamento é algo normal porque hai moitos núcleos con moi poucos veciños. É o exemplo de que cumprindo as normas excepcionais que obrigan a non saír de casa é posible evitar o contaxio.