CRTVG

Buscar

A folga feminista do 8-M colapsa as grandes cidades de toda España

Publicado o 09/03/2019 10:58

Con igual éxito de convocatoria desenvolvéronse os centos de convocatorias do movemento feminista en toda España.Só en Madrid a participación superou as 350.000 persoas, segundo a Policía. As convocantes din que chegaron ao millón de asistentes.

A folga feminista deste oito de marzo encheu tamén as rúas das cidades principais de Cataluña, na capital, en Barcelona, unhas 200 mil persoas participaron na protesta. Miles de mulleres de todas as idades percorreron e colapsaron os centros de cidades de toda a xeografía.

En Euskadi, en Aragón, tamén en Cantabria e en Andalucía, a mesma mensaxe de unidade, na defensa de dereitos iguais para todas.

Noticias web

09/03/2019