CRTVG

Buscar

A flexibilidade dos despedimentos, único atranco para a cuarta prórroga dos ERTE

Publicado o 12/01/2021 15:16

O Goberno e os axentes sociais esperan pechar este xoves o novo acordo para a cuarta prórroga dos ERTE. Hai consenso entre todas as partes para estender ata o 31 de maio estas axudas, ás que se acollen actualmente uns 755.000 traballadores.

As discrepancias están na flexibilidade dos despedimentos: os empresarios queren rebaixar as multas, algo ao que se opoñen os sindicatos e o Ministerio de Traballo.

Noticias web

12/01/2021