CRTVG

Buscar

A Fiscalía portuguesa rexistra a casa de Iker Casillas

Publicado o 04/03/2020 21:13

A casa de Iker Casillas no Porto foi rexistrada esta tarde no marco dunha operación contra a fraude fiscal. A Fiscalía portuguesa tamén rexistrou outras 76 dependencias e sedes de varios equipos da Primeira División lusa. Casillas, no momento do rexistro, atopábase en Madrid e manifestou que está "totalmente tranquilo" e que se pon "á disposición das autoridades para achegar a documentación que lle solicitaron". Isto acontece dúas semanas despois de que o exporteiro anunciase a súa candidatura a presidente da Federación. Rubiales debe estar fregando as mans.

Noticias web

04/03/2020