CRTVG

Buscar

A Fiscalía pídelle ao Supremo que confirme as condenas contra Chaves e Griñán polos ERE

Publicado o 17/03/2021 20:54
A Fiscalía pídelle ao Supremo que confirme as condenas contra Chaves e Griñán polos ERE

A Fiscalía pídelle ao Tribunal Supremo que confirme as condenas contra os ex-presidentes andaluces Manuel Chaves e José Antonio Griñán polo caso dos ERE fraudulentos de Andalucía.

Griñán foi condenado en 2019 pola Audiencia de Sevilla a seis anos de cadea por malversación e prevaricación, e Chaves a nove anos de inhabilitación por un delito continuado de prevaricación. Canda eles, foron condenados outros 17 outros ex-conselleiros e altos cargos socialistas da Junta.
O Supremo ampliou ata o próximo 31 de marzo o prazo para que poidan presentar recursos. Despois haberá aínda que estudalos, polo que a sentenza definitiva pode demorarse aínda uns meses.

 

Noticias web

17/03/2021