CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide tres anos de prisión para Cristina Cifuentes polo caso Máster

Publicado o 26/02/2019 19:46
A Fiscalía pide tres anos de prisión para Cristina Cifuentes polo caso Máster

A Fiscalía pide tres anos de cárcere para a ex-presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes. Acúsaa dun delito de falsidade documental. Considera que é indutora da falsificación da acta que acreditaba que defendera o seu máster, algo que nunca ocorreu, segundo o Ministerio Público.

Ademais, o fiscal pide 21 meses de prisión como autora da falsificación da acta para Cecilia Rosado, integrante do tribunal que, supostamente, examinou a Cifuentes.

Noticias web

26/02/2019