CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide seis anos de cadea para a muller acusada dun secuestro rápido en Ourense

Publicado o 04/06/2019 12:48

A Fiscalía de Ourense pide seis anos e medio de cadea para unha muller acusada do presunto secuestro rápido dunha veciña da cidade. Impútaselle un delito de detención ilegal e outro de roubo con intimidación. 

Segundo relata o Ministerio Público, a acusada e outra persoa sen identificar abordaron unha muller na avenida da Habana, no centro da cidade. Obrigárona a entrar nun coche onde a retiveron durante dúas horas para obrigala a sacar 3.000 euros do banco. Despois de entregarlles os cartos abandonárona nun descampado. A segunda persoa implicada no asalto non chegou a ser identificada.

Os feitos xúlganse na Audiencia Provincial de Ourense. 

 

Noticias web

04/06/2019