A Fiscalía pide repetir o xuízo contra Otegi polo caso Bateragune
Publicado o 18/11/2020 14:58

A Fiscalía pídelle ao Tibunal Supremo que ordene á Audiencia Nacional a repetición do xuízo contra Arnaldo Otegi polo caso Bateragune.
Despois de que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos anulara a condena de seis anos de cárcere que lle fora imposta por intentar reconstruír a ilegalizada Batasuna, alegando falta de imparcialidade do tribunal. Segundo o Ministerio Público, "un defecto procesual non pode converterse en exención penal".