A Fiscalía pide procesar trece membros dos CDR por terrorismo
Publicado o 20/08/2021 12:51
A Fiscalía da Audiencia Nacional pide procesar membros dos CDR, os Comités de Defensa da República, por pertenza a organización terrorista.
Considera acreditado que os detidos en setembro de 2019 pretendían atentar contra "obxectivos previamente seleccionados", e di que o seu obxectivo final era "conseguir a independencia mediante a violencia na súa máxima expresión, forzando a separación de Cataluña do resto de España". O Ministerio Público impútalles tamén o delito de tenza e fabricación de explosivos a 9 dos acusados.