CRTVG

Buscar

A fiscalía pide prisión permanente revisable para o tío da nena de 8 anos asasinada en Huesca

Publicado o 18/09/2019 13:55
A fiscalía pide prisión permanente revisable para o tío da nena de 8 anos asasinada en Huesca

O ministerio fiscal solicitará prisión permanente revisable polo asasinato de Naiara, a nena de 8 anos morta en Sabiñánigo (Huesca) tras ser sometida a malos tratos físicos e psíquicos por parte do seu tío político.

No seu escrito provisional de acusación, a fiscalía oscense solicita, ademais, penas de 3 anos de prisión tanto para o presunto asasino como para o seu irmán e a nai de ambos polos supostos malos tratos aos que someteron a nena.

Tamén reclama unha orde de prohibición contra o principal procesado, que se enfrontará xunto aos seus familiares ao veredicto dun xurado popular, para achegarse a menos de 500 metros durante 10 anos á nai e ao pai biolóxico da menor, para os que solicita tamén indemnizacións de 100.000 e 70.000 euros, respectivamente.