CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide nove anos de prisión para Jordi Pujol e 29 para o seu fillo

Publicado o 07/05/2021 16:34
A Fiscalía pide nove anos de prisión para Jordi Pujol e 29 para o seu fillo

A Fiscalía pide nove anos de prisión para Jordi Pujol por delitos de asociación ilícita e branqueo. Anticorrupción sostén, no seu escrito de acusación, que a familia do expresidente da Generalitat ocultou unha inxente cantidade de cartos en Andorra froito das comisións a cambio de adxudicacións públicas.

Pide tamén 29 anos para o fillo maior, Jordi Pujol Ferrusola, e penas de entre 8 e 14 anos para o resto de fillos. Ao mesmo tempo, a Audiencia Nacional exime do caso a esposa de Pujol, Marta Ferrusola, por motivos de saúde, en concreto, por doenza neurolóxica.