CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide imputar o presidente de Iberdrola pola espionaxe de Villarejo

Publicado o 22/06/2021 13:43
A Fiscalía pide imputar o presidente de Iberdrola pola espionaxe de Villarejo

A Fiscalía Anticorrupción pediu a imputación do presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, na causa que investiga se a eléctrica contratou os servizos do excomisario José Villarejo para espiar, entre outros, o presidente de ACS, Florentino Pérez.

Segundo puido confirmar Efe, Anticorrupción presentou un escrito ao titular do xulgado central nº 6, Manuel García Castellón, no que interesa tamén que se impute outras tres persoas.

O caso data de finais de 2019, despois de que se publicara que Iberdrola contratou a Villarejo para espiarun xuíz, infiltrarse en plataformas contrarias aos intereses da eléctrica, fustrigar membros do comité de empresa da central nuclear de Cofrentes ou investigar un accionista crítico coa xestión da empresa.

Noticias web

22/06/2021