A fiscalía pide dez anos de inhabilitación para o ex-secretario xeral do PSdeG Pachi Vázquez
Publicado o 19/12/2019 14:55

A Fiscalía pide dez anos de inhabilitación para o ex-secretario xeral do PSdeG Pachi Vázquez, por presunto enchufismo. Está acusado dun delito de prevaricación por facer contratos reiterados a 60 persoas, cando era alcalde do Carballiño, sen os criterios que esixe a contratación pública, segundo a fiscalía. O xuízo celebrarase dentro duns meses.
Actualmente, Pachi Vázquez é concelleiro do Carballiño á fronte do seu propio partido, Espazo Común.