Piden unha indemnización millonaria para os ciclistas atropelados da Guarda
Publicado o 18/04/2019 19:42
A fiscalía reclama unha indemnización de 2 millóns e medio de euros para os ciclistas atropelados na Guarda. No seu escrito, o fiscal di que o automobilista que os alcanzou, que agora ten 90 anos, circulaba distraído e a máis velocidade da permitida. Impútalle dous delitos de homicidio e sete de lesións por imprudencia grave.
O xuízo por esta causa está cada vez máis preto, a falta de que se presente o escrito da defensa. Os feitos que se xulgan remóntanse a marzo de 2016. No atropelo perderon a vida dous ciclistas e outros nove quedaron feridos.