CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide 13 anos de cadea para un home acusado de matar outro a coiteladas en Betanzos

Publicado o 19/04/2021 14:28

Comezou na Coruña o xuízo polo chamado crime de Papito, acontecido en Betanzos na Noitevella de 2018. A Fiscalía pide 13 anos de cárcere para o único acusado. 

O procesado recoñeceu os feitos polos que é investigado e mesmo chegou a dicir que estaba arrepentido. Con estas declaracións, o seu avogado pide que sexa xulgado por un homicidio, ao igual que a fiscalía, que solitica unha pena de 13 anos de cadea.

Pola súa banda, a acusación particular entende que o acoitelamento foi a traizón e fala dunha crónica dunha morte anunciada. Cualifica os feitos como un asasinato e pide 20 anos de cadea.

Noticias web

19/04/2021