CRTVG

Buscar

A Fiscalía mantén todas as acusacións da operación Orquestra

Publicado o 26/03/2019 15:51

Retómase o xuízo contra o alcalde de Cee, independente, e outras cinco persoas máis pola coñecida como operación Orquestra. A Fiscalía decidiu manter as acusacións e pide penas que van desde os 20 anos ao ano e medio de cadea. Catro dos seis acusados acolléronse ao seu dereito a non declarar. Os outros dous negaron os feitos.

Felipe Mayán, avogado da defensa: "Contradise co que xa dixera na sesión anterior, que se se anulaban as escoitas, acabábase a operación Orquestra. Pois hoxe mantén as acusacións para todos e tamén a proba que xa solicitara no escrito e acusación. Sorprendentemente, porque nós, as defensas, que vai poder preguntarlles que non sexa derivado das escoitas telefónicas declaradas nulas".




 

Noticias web

26/03/2019