A Fiscalía investiga posibles irregularidades no censo electoral de Ribadavia
Publicado o 09/05/2019 20:46
A denuncia partiu dunha veciña de Ribadavia, que recibiu no seu domicilio, antes das eleccións xerais, as tarxetas de inscrición no censo de cinco persoas ás que di que non coñece. Ao parecer, son familiares do alcalde, Ignacio Gómez, pero el nega calquera irregularidade.
A raíz da denuncia, a Fiscalía de Ourense iniciou as investigacións para comprobar se houbo algunha alteración no censo. O alcalde amosou a súa disposición a ofrecer toda a información que se lle solicite e insiste en que se trata dunha denuncia política.
En resposta á acusación, o alcalde publicou nas redes sociais a certificación censual do seu domicilio e convidou os demais candidatos a facer o mesmo.